19/4/24

COLONIAS RUEIRAS

 Onte tivemos a actividade "Coñecendo o gato comunitario" de Colonias Rueiras de Viveiro.

Con Bea, Isa e a gata Ágata aprendimos o que é un gato comunitario e que debemos facer ante a súa presencia, sempre auga!!!!

Agora sabemos que Isa é a Coidadora de Colonias da nosa contorna e o importante que é o seu traballo.

Moitas grazas pola vosa dedicación e o vosao saber facer!!!!! 👏👏👏👏👏👏👏👏




















15/4/24

TRAZOSCLASS, Biblioteca creativa

Despedimos a semana cunha formación do máis especial dentro da Biblio Creativa. É que tivemos a sorte de ter a Trazosclass para o alumnado de 3°, 4° e 5° de Educación Primaria!!!

Traballamos a creatividade nun Obradoiro centrado na personaxe de "RATATUILLE" e grazas ás súas orixinais propostas cociñamos uns pratos rebosantes de creatividade.